O BNG esixe que o o goberno local de Soutomaior deixe de contaminar o medio ambiente
O concello de Soutomaior ven de celebrar un pleno extraordionario solicitado polo BNG para abordar os diferentes problemas medioambientais que se están a dar no concello.
Entre estes destacan o feito de que o propio Concello teña que pagar unha sancion de 5000 euros por contaminar a ría de Vigo, así como outras sancións e denuncias por verter residuos en regatos da Pedreira ou da Devesa.
Pero por se estes problemas non fosen dabondo, tal e como destacou o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, “no concello temos unha rede de separativas catastrófica que provoca episodios constantes de contaminación. Tal cal se di no informe de Augas de Galiza, temos denuncias ao propio concello por verter escombro nos montes comunais da Pedreira e da Montesiña, e temos a Carballeira do Peirao nun estado catastrófico polo abandono absoluto á que foi sometida durante anos (tal cal se desprende o informe da estación fitopatolóxica de Lourizán)”.
Manu Lourenzo denunciou que o que acontece neste concello co medio ambiente é impropio dun concello serio. Lourenzo sinalou que “temos un alcalde que agora ven dicir que a culpa da contaminación é porque a depuradora non dá abasto cando hai dous anos no informe do PXOM declarou que era máis que suficiente. O alcalde ten que aclarar aos veciños se mentía daquela ou minte agora”.
Manu Lourenzo esixiu que se solucionen dunha vez por todas estes problemas e que o goberno local se poña dende xa a protexer o noso medio natural, xa non só porque os veciños non temos por que pagar as multas que recibimos por unha xestión nefasta senón porque na defensa do medio natural as administracións deberían dar exemplo.