SÁBADO 30 ÁS 20.30 H. PAZO DA CREGA

O BNG convida á veciñanza a celebrar xuntos os dez anos de goberno nacionalista en Barro

Candidatura Barro 2023
Candidatura Barro 2023
O BNG convida á veciñanza a celebrar xuntos os dez anos de goberno nacionalista en Barro

Barro, 28 de agosto de 2025. O 2025 marca un fito na historia recente de Barro: cúmprense dez anos desde que o Bloque Nacionalista Galego asumiu a Alcaldía. En maio de 2015, a veciñanza decidiu abrir unha nova etapa política e situar a Xosé Manuel Fernández Abraldes á fronte do goberno municipal. 

Desde aquela, Barro viviu unha década de cambios marcada polo crecemento en poboación e pola consolidación de servizos públicos en ámbitos como a cultura, o deporte ou as políticas sociais, nun proxecto que situou no centro o benestar dos veciños e veciñas. 

Para conmemorar este décimo aniversario, o BNG de Barro organiza unha festa de celebración baixo o lema “10 anos medrando contigo”., que terá lugar o vindeiro sábado 30 de agosto, ás 20:30 horas no Pazo da crego, e contará coa participación da concelleira Andrea Pérez Cal, o concelleiro Adrián Silva Magdalena, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes. 

Ademais das intervencións políticas, haberá música, actividades e diversas sorpresas. O encontro quere ser tamén unha ocasión para recoñecer o camiño percorrido e reforzar o compromiso de seguir traballando polo futuro do municipio xunto á súa veciñanza.

O BNG convida á veciñanza a celebrar xuntos os dez anos de goberno nacionalista en Barro