Soutomaior reparte axendas escolares nos centros públicos do municipio
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, fixo entrega das axendas escolares para este curso escolar, que o concello reparte de xeito gratuíto nos centros educativos públicos de Soutomaior.
Así, e deste xeito, foron 40 as axendas que Manu Lourenzo e Rosana Martínez Boullosa, concelleira de Benestar Social, repartiron para as e os máis peques na Galiña Azul de Soutomaior, 400 no CEIP Manuel Padín Truiteiro para o alumnado de primaria, 15 na Escola de Educación Infantil de Romariz e 500 no IES Soutomaior.
Unhas axendas que contan con dous deseños, un específico para infantil e primaria e outro, máis xuvenil, para o alumnado do Instituto.
Unha volta ao cole que comezou con total normalidade no concello de Soutomaior coa matrícula de 355 alumnos no CEIP Manuel Padín Truiteiro, de 427 no IES de Soutomaior, de 30 na Galiña Azul e de 10 alumnos na Escola de Educación Infantil de Romariz.
Unha axenda que conta con toda a información sobre os períodos vacacionais que o alumnado terá neste curso escolar, das celebracións e festexos locais e das conmemoracións máis destacadas, vencelladas co eido educativo, no que resta de ano e do 2025.