ADXUDICADAS MÁIS DE 500 NOVAS LUMINARIAS LED NO MUNICIPIO

Barro aposta pola eficiencia enerxética

Barro aposta pola eficiencia enerxética

Barro, 7 de xullo de 2023. O Concello de Barro está apostando moi forte pola renovación e modernización da súa rede de alumeado público, cos obxectivos de conseguir un mellor servizo, facer fronte ao cambio climático e de abaratar o enorme gasto que supón a electricidade para as arcas municipais.

Ata o momento a entidade municipal, dirixida por Xosé manuel Fdez. Abraldes, xestionou distintos proxectos que permitiron a implantación de tecnoloxía LED en arredor de 650 luminarias e neste momento vén de adxudicar un novo contrato que permitirá a renovación doutras 513, co que acadará a cifra de 1.156 luminarias este mesmo verán.

Financiada polos fondos Next Generation as novas luminarias terán un custe de perto de 240.000 euros

Este novo proxecto vaise executar no lugar de Bretoña e en varios lugares das parroquias da Portela, Perdecanai, Valiñas e Barro. O custo do mesmo será de 239.593,31 euros, que se financiarán con fondos europeos Next Generation captados polo concello a través do programa DUS 5000.

O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mostrouse moi satisfeito “por seguir avanzando na modernización da rede de alumeado e por ter captado unha importante subvención de fondos europeos para esta finalidade”.

Barro aposta pola eficiencia enerxética