CAUSARÍA GRANDES AFECCIÓNS NA PARROQUIA DE CURRO

Barro alegará contra o parque eólico previsto no monte Castrove

Barro alegará contra o parque eólico previsto no monte Castrove

Barro, 6 de xuño de 2024. O concello de Barro presentará alegacións ao proxecto do parque eólico previsto para o monte Castrove. O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, encargoulle aos distintos departamentos técnicos municipais o estudo da declaración de impacto ambiental e da solicitude de autorización administrativa previa enviadas por parte da Dirección territorial de Economía e Industria da Xunta de Galiza.

Este proxecto contempla a construción de catro aeroxeneradores dunha altura de 200 metros cada un e unha liña de evacuación de alta tensión para transportar a enerxía eléctrica producida ata a subestación do polígono de Outeda.

Esta liña de alta tensión produciría un enorme impacto na parroquia de Curro, afectando a distintos núcleos de poboación. Para evitar esas afeccións á veciñanza, Abraldes convocará aos portavoces de todos os grupos políticos, co obxectivo de facer un frente común e acordar o rexeitamento unánime contra esta liña de alta tensión proposta neste proxecto.

Barro alegará contra o parque eólico previsto no monte Castrove