Bará insta a subir os impostos ás eléctricas e a intervir no mercado enerxético
Pontevedra, 30 de marzo de 2020. Subir os impostos ás eléctricas, cambiar o sistema de prezos do sistema eléctrico e poñer topes ao prezos da enerxía, baixar o IVE da electricidade e doutros produtos básicos ao 4%, aínda que sexa de forma temporal, para amortigüar o efecto dos incrementos dos prezos, establecer unha tarifa eléctrica galega que podería reducir até un 30% a factura eléctrica de fogares e empresas e incrementar o número de persoas beneficiarias do bono social eléctrico e do bono social térmico, son algunhas das propostas que realizou o deputado nacionalista, Luís Bará, nun encontro con veciños e veciñas afectados pola suba da luz, entre as que se encontraban paradas, xubilados e estudantes, no que animou á veciñanza a mobilizarse o vindeiro domingo ás 12 da mañá polas rúas de Compostela baixo o lema “Os prezos soben, os teus cartos baixan. Fagámonos valer, hai alternativas.
Durante o encontro constatouse como durante os últimos meses houbo un incremento abusivo da luz e dos combustíbeis que lle “afecta a todos os sectores da economía e está provocando un estrangulamento dos sectores económicos estratéxicos”, un incremento que tamén lle afecta de forma notoria ás economías dos fogares, con incrementos dos prezos que chegan ao 100% no caso da luz e que lle afectan, sobre todo, ás familias con ingresos máis baixos.
“Esta crise estase utilizando por sistemas de especulación económica para unha grande acumulación de riqueza e beneficios por parte das grandes empresas do IBEX, que tiveron 65 mil millóns de euros de beneficio no 2021, e máis de 6500 millóns as tres grandes eléctricas (Endesa, Naturgy e Iberdrola)”. “Estannos literalmente roubando os nosos recursos, os nosos diñeiros, as nosas rendas, para agrandar os beneficios destas grandes empresas”, afirmou o deputado nacionalista.
Bará criticou as medidas anunciadas polo goberno do Estado, que calificou como “parches” poeque non van ao fondo do asunto, e a desidia do goberno galego que “leva 15 días anunciando medidas que aínda hoxe non están publicadas no DOG”.
Así mesmo o deputado nacionalista chamou a atención sobre a suba abusiva dos precios que están a sofrer tanto a hostelaría como o comercio, non só polo incremento dos custes fixos mensuais, senón tamén pola menor capacidade adquisitiva da clientela potencial.
Bará “Estannos a roubar os nosos recursos, os nosos diñeiros, as nosas rendas, para agrandar os beneficios das grandes eléctricas”.
Pola súa banda, Luisa Márquez, xubilada, que vive soa nun piso “non nunha mansión” informou que no mes de decembro lle chegou un recibo de máis de 300 euros e neste mes de marzo dous recibos que suman máis de 760 euros, o que supón máis do 50% da pensión que recibe. Un feito que Márquez non dubidou en calificar de “espolio e enriquecemento ilícito”, dunhas empresas que no ano pasado tiveron un incremento do beneficio de máis do 1300%. Criticou a Naturgy, que tardou 24 días en darlle unha entrevista para formalizar unha protesta, e que a súa única resposta foi que “deixara de pagar, que tiña tres meses antes de que me cortasen a luz”.
Julio Velasco, tamén xubilado, que vive coa sua compañeira, informou que o recibo da luz lle subíu un 20%, o que era un atraco para as persoas con menos recursos. Lembrou a presidentes de goberno e economistas que afirmaban que coa privatización e a competencia todo ia ser máis barato. “Mentíronnos descaradamente”, afirmou.
Rematou a súa intervención apelando a que “os sectores da economía que son fundamentais para que un país funcione non poden estar en mans privadas”, e neste sentido instou á Xunta e ao Goberno do Estado á creación dunha empresa pública de enerxía.
Finalmente, Alberto Rivas, estudante, que vive nun piso compartido en Pontevedra, falou de como a suba da electridade obrigoulles a el e aos seus compañeiros a reducir o uso do forno ou poñer as lavadoras pola noite, ao tempo que, dixo, “os meus pais sofren a suba da luz por partida dobre, na casa familiar e no piso no que eu estudo”.