O avogado do Estado recorre a sentenza que dá por cumprida a devolución da paga extra de 2012
O concelleiro de Réxime interior, Vicente García Legísima explicou que a Avogacía do Estado recurríu a sentenza ditada polo Contencioso de Pontevedra que dá por executada a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no tocante ao abono da paga de productividade que o Concello dera aos traballadores no ano 2012.
O concelleiro de Réxime interior, Vicente García Legísima explicou que a Avogacía do Estado recurríu a sentenza ditada polo Contencioso de Pontevedra que dá por executada a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no tocante ao abono da paga de productividade que o Concello dera aos traballadores no ano 2012. Cabe lembrar que o Concello abonara en 2012 unha paga de productividade que supoñía arredor do 80% dunha paga extra convencional. Dentro desta paga de productividade ían incluídas as horas que tiveron que facer os traballadores públicos nesas datas para recibir a paga de productividade. Esta decisión fóra recurrida pola Subdelegación do Goberno.
Con posterioridade, no ano 2014, unha sentenza obrigou ás administracións a abonar o 25% devengado da paga extra do 2012 aos traballadores laborais, que o Concello fixo extensible a todos os traballadores públicos. No ano 2015 o Estado autorizou a pagar parte da paga extra de 2012, polo que o Concello -de acordo cos sindicatos municipais- acordou abonar e compensar o 50% daquela paga, e no ano 2016 o 24% restante -abonar e compensar- (o que se podía abonar era o correspondente ás horas que realizaran os traballadores para poder optar á paga de productividade).
A Avogacía do Estado recurre a sentenza do Contencioso que considera cumplida a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de devolución da paga. O concelleiro de Réxime Interior asegurou que "non sabemos si son instrucións da Subdelegación do Goberno ou do Estado, pero o que está claro é que é un recurso político".