DOMINGO 6 DE OUTUBRO

Contra atrás para 'La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela'

2024-09-25 11.28.15-IMG_9039
Contra atrás para 'La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela'

Pontevedra 25 de setembro de 2024. A edil de Deportes, Anabel Gulías, participou na presentación da proba cicloturista La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela, cita deportiva que se celebrará o vindeiro 6 de outubro e que terá na cidade o seu epicentro loxístico e organizativo.

A proba dispón dunha única distancia que será de 112 quilómetros con 1.850 metros de desnivel positivo.O obxectivo da mesma é que todos os afeccionados á bicicleta de estrada poidan gozar dun roteiro incrible e superen o reto de finalizala.

Doutra banda, cómpre sinalar que esta cita rende homenaxe a Evaristo Portela, mito do ciclismo pontevedrés, e que en palabras dos seus organizadores, Global DXT, "tanto deu ao ciclo, tanto como deportista como na súa función de director técnico". O Concello de Pontevedra colabora para que a cita poida saír adiante e sexa un rotundo éxito.

A concelleira Anabel Gulías quixo agradecer a implicación doutras institucións así como da Federación Galego de Ciclismo á hora de poñer en marcha esta proba-homenaxe, amais das empresas privadas que a fan posíbel. "Ás portas dun evento tan grande como será o Europeo de Ciclocrós, seguir traballando en sacar adiante e seguir visibilizando o ciclismo en distintos eidos é unha mostra do noso compromiso co deporte a todos os niveis, é un obxectivo irrenunciábel", comentou. "Eventos deste tipo axudan a colocar a Pontevedra como un referente deportivo e un referente para o ciclismo".

As inscricións permanecerán abertas até o domingo 29 para facilitar a participación de todas as persoas posíbel, e que percorrerán os concellos de Pontevedra, Marín, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.

Contra atrás para 'La Road Pontevedra Clásica Evaristo Portela'