OBXECTIVO: RECUPERAR A OSTRA AUTÓCTONA DE ARCADE

O alcalde de Soutomaior visita o proxecto Ostreares

Manu Lourenzo e Eduador Pérez, de Ostreares
Manu Lourenzo e Eduador Pérez, de Ostreares
O alcalde de Soutomaior visita o proxecto Ostreares

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou o proxecto Ostreares que ten como obxectivo recuperar a actividade de aproveitamento marisqueiro dos bancos naturais de ostra autóctona na enseada de San Simón, na Ría de Vigo, da ostra histórica e autóctona de Arcade. 

Manu Lourenzo quixo “agradecer o traballo do CIMA, da confraría e de todos os axentes implicados neste proxecto, un proxecto que é ADN Arcade que pon en valor o noso sinal de identidade. É algo absolutamente marabilloso ver como nos areeiros da nosa ría volven a crecer mostras que poidan ser o principio dun novo tempo onde a ostra volva a ser un produto referencial da nosa ría, un produto clave para Arcade, un produto que reúne unhas características inmellorables, pola mestura da auga doce e salgada, e que poida ser desfrutado por toda a veciñanza”. 

A fama da ostra de Arcade ven dada pola existencia de bancos naturais, na Enseada de San Simón que, pola súa calidade, situaron no mapa a ostra de Arcade, pero que hai décadas que deixaron de existir. O proxecto Ostreares, ten como obxectivo estudar a recuperación destes bancos naturais, tan prolíferos noutros momentos da historia. 

Manu Lourenzo chegando a zona de cultivo
Manu Lourenzo chegando a zona de cultivo

O proxecto tal e como indicou Eduardo Pérez, asistente técnico da confraría de Arcade,  recolle unha serie de actuacións encamiñadas a incrementar o número reprodutores da ostra plana, que son estabulados nas estruturas que foron instaladas no proxecto PreOstreares, iniciado no 2023. Naquela primeira fase obtivéronse resultados moi satisfactorios polo que se continuou apostando por esta iniciativa, que se estenderá ata o ano 2027, xa que son necesarios varios anos para comprobar que a ostra logra reproducirse con éxito.  

O alcalde puido comprobar de primeira man o gran tamaño das ostras que se están cultivando no concello, e participou na levada de pequenas crías para seguir o seu desenvolvemento na ría. O importante neste seguimento é ver se as ostras se fixan na zona e se reproducen. O proxecto, liderado polo CIMA (Centro de Investigación Mariñas) da Conselleria do Mar, conta coa colaboración da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e da propia Confraría de Arcade.

O alcalde de Soutomaior visita o proxecto Ostreares