O alcalde de Soutomaior e a concelleira de Igualdade fan entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso

Actuación do Orfeón do Berbes
Actuación do Orfeón do Berbes
O alcalde de Soutomaior e a concelleira de Igualdade fan entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso

Soutomaior, 9 de marzo de 2026. O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, entregaron na noite do 7 de marzo nun ateigado Multiúsos, o recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegono, a primeira mariñeira a flote da Confraría de Arcade. 

Nun evento englobado dentro da programación do 8M que este ano, baixo o lema Herdeiras do Sal, centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento  da figura da muller no mar.  

O evento comezou coa proxección dun fermoso documental feito polo veciño de Soutomaior, Breikus, onde se pudo coñecer máis sobre a relación do mar con Estrella, os seus comezos no barco e máis dunha anécdota ao longo de todos os anos de intenso e duro traballo. 

Entrega do premio Maria a das Mil Flores a Estrella Cortegoso
Entrega do premio Maria a das Mil Flores a Estrella Cortegoso

Após a proxección do documental chegou o momento máis emotivo onde Manu Lourenzo e Rosana Martínez Boullosa fixeron entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso. Un recoñecemento que foi aprobado por maioría no Consello Municipal Feminista de Soutomaior conformado polas asociacións con mulleres do concello e polas tres forzas políticas con representación na corporación. 

Estrella Cortegoso viu entre o público moitas caras coñecidas xa que foron moitas e moitos os veciños que quixeron amosar o seu agararimo a Estrella Cortegoso, unha muller moi querida e moi activa no eido e actividades culturais da zona.  

Após entrega do premio e os agradecementos por parte de Estrella tivo lugar a actuación do Orfeón do Berbés que foi quen de poñer a cantar e, incluso a bailar, a un ateigado Multiúsos de Arcade. 

Ao remate do acto houbo tempo para abrazos e fermosas palabras de agradecemento a Estrella Cortegoso, unha muller que estará sempre presente na vida do mar da Confraría de Arcade. 

O alcalde de Soutomaior e a concelleira de Igualdade fan entrega do recoñecemento “María a das Mil Flores” a Estrella Cortegoso