Abraldes compromete o apoio do Concello de Barro ao comercio local
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, ven mantendo nos últimos tempos distintas reunións co sector da hostelaría e o comercio para escoitar as súas demandas e exporlles as liñas de actuación que porá en marcha o goberno municipal para axudar á reactivación do consumo no concello.
Nestas reunións, o goberno municipal trasladóuselles cales son as competencias do Concello e en que ámbito de actuación se pode traballar para potenciar o consumo no comercio local.
As diferentes liñas de traballo xiran entre dous puntos importantes, grantir a máxima seguridade, polo que desde o primeiro momento o concello distribuíu entre os establecementos material de protección, como xel hidroalcólico, máscaras, pantallas e material de cartelería, co obxectivo de trasladar a maior sensación de seguridade posible, un elemento clave a reactivación do consumo.
Outro dos puntos nos que se está a traballar é na elaboración de campañas que estimulen o comercio local e que potencien as compras de proximidade.
Abraldes, trasladoulles tamén a posibilidade de realizar cursos entre o sector do comercio para a atención e posicionamento dixital dos seus negocios, así como a realización dunha guía de establecementos e profesionais do concello que estea a disposición da cidadanía para que poida recorrer a eles en caso de necesidade.
No trascurso destas reunións, xurdíu a necesidade de crear unha asociación de comerciantes que facilite a interlocución e colaboración entre o tecido comercial e o Concello.