ORGANIZADO EN COLABORACIÓN CON 14 ENTIDADES

25 actividades no "Maio, mes da lingua"

Demetrio Gómez na presentación de Maio, mes da lingua
Demetrio Gómez na presentación de Maio, mes da lingua
25 actividades no "Maio, mes da lingua"

Pontevedra, 8 de maio de 2025. Maio é o mes da lingua. A aposta do Concello de Pontevedra polo galego é unha constante os 365 días do ano que ademais cristaliza nestas semanas nun programa intensísimo para promover o uso do galego. En maio, até 25 actividades distintas poderán ser gozadas pola veciñanza. 

“Falamos dunha programación tan intensa que mesmo se estenderá aos primeiros días de xuño”, indicou o edil. “Colaboramos con moitísimas entidades para facelo posíbel, catorce. O seu traballo permite que o departamento de Normalización Lingüística poida tecer este programa que inclúe actividades de conta contos, memoria, música, animación ou conferencias”. 

Alén de toda dúbida, a celebración do Ano Castelao terá un peso singular e evidente neste 2025, e co que se tratará de poñer o foco “nesa emerxencia lingüística que estamos a vivir, e é imprescindíbel que todos nos poñamos mans á obra”. “A intención que tivemos con esta programación foi ensinar e amosar o traballo que se fai desde un departamento de normalización, que se saiba, que se coñeza”. 

Podes consultar toda a programación aquí

25 actividades no "Maio, mes da lingua"