Xosé Manuel Fernández Abraldes será o candidato do BNG á alcaldía de Barro nas eleccións de 2027
Barro, 20 de xullo de 2026. O actual alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, foi elixido o pasado venres, por unanimidade na Asemblea Aberta do BNG como candidato á alcaldía de Barro de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2027. A decisión avala a súa xestión á fronte do concello e abre unha nova etapa na que o proxecto do BNG seguirá a traballar pola veciñanza.
Abraldes agradeceu o apoio recibido e amosou o seu compromiso coas veciñas e veciños, lembrando que “queda moito por facer”. O candidato subliñou que o traballo realizado até o de agora é a base sobre a que seguir avanzando, e destacou que “nestes anos imos recoller os froitos do traballo que levamos facendo”.
A militancia do BNG en Barro reafirmou así o seu respaldo a un proxecto político que ten como obxectivo continuar a transformación do concello, mantendo o rumbo de xestión próxima e comprometida coa veciñanza, e preparando xa o traballo de cara ás próximas citas electorais.