SÁBADO 18. PASARELA XOSÉ ADRIO

Volve Segundo Premio, o mercado de venda e troco para a veciñanza

Pasarela Segundo Premio
Pasarela Segundo Premio
Volve Segundo Premio, o mercado de venda e troco para a veciñanza

Pontevedra, 13 de abril de 2026. O Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, pon en marcha unha nova edición do mercado de segundas oportunidades Segundo Premio. Esta iniciativa, que gozou de grande éxito entre a veciñanza en pasadas ocasións, terá como espazo a Pasarela de Xosé Adrio Barreiro, o vindeiro 18 de abril, entre as 11 e as 15 horas.

Segundo Premio preséntase non só como un evento para darlle unha segunda vida a eses obxectos que a veciñanza xa non quere nos seus fogares, senón que tamén se concibe como unha xornada de convivencia para os barrios, promovendo a responsabilidade co medio ambiente, promocionando o comercio de segunda man, os negocios de reparación ou a recuperación de produtos.

"Temos previsto que haxa música, xogos para as crianzas e moitísimas sorpresas ao longo da mañá", explica a concelleira Anabel Gulías. 

Volve Segundo Premio, o mercado de venda e troco para a veciñanza