Soutomaior presenta o seu XVI Encontro de Mulleres

Charo Bouzón, Rosana Martínez Boullosa e Rosana Comesaña
Charo Bouzón, Rosana Martínez Boullosa e Rosana Comesaña
Soutomaior presenta o seu XVI Encontro de Mulleres

Soutomaior, 6 de marzo de 2025. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón presentaron o XVI Encontro de Mulleres que organizan dende o concello de Soutomaior, unha cita que ten como fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio, que terá lugar o sábado 29 de marzo e cuxo destino será, neste ano, Salvaterra de Miño. 

Esta actividade conta con financiamento por parte do concello, da concellería de Igualdade e de Benestar Social,  e, contando con este investimento as mulleres que desexen asistir terán que pagar unha parte que constará de 25 euros as empadroadas en Soutomaior e de 30 euros para as non empadroadas.  O prezo inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro. As inscricións para este evento serán en liña, a través da web do concello www.soutomaior.gal e ditas inscricións estarán abertas dende o 6 ata o 17 de marzo ás 14:00h. Todas as mulleres que o desexen tamén poderán facer a inscrición de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. 

Encontro de Mulleres Salvaterra de Miño
Encontro de Mulleres Salvaterra de Miño

Así, deste modo, para o Encontro do 29 de marzo o autobús sairá ás 9:00h. do concello e ás 9:15h. do cruce de Pierres, en Arcade. Unha vez chegadas a Salvaterra de Miño as asistentes terán a opción de elixir a actividade da mañá que será: as termas ao aire libre de Salvaterra de Miño ou a visita ao Museo da Ciencia do viño. 

Trala actividade de mañá a terá lugar a comida que será no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladarase a unha visita pola fermosa vila de Vilanova da Cerveira, no caso de que chova, dende o concello teñen un plan alternativo para a xornada. 

O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. de Vilanova de Cerveira coa chegada ao concello en torno ás 21:00h. 

A concelleira, Rosana Martínez Boullosa, convida a todas as mulleres a participar neste encontro, do que dixo que “busca ofrecer un espazo para compartir experiencias, aprender e desfrutar de actividades enriquecedoras. É unha ocasión ideal para fortalecer a comunidade”. 

Soutomaior presenta o seu XVI Encontro de Mulleres