Soutomaior inicia o proxecto de licitación do Ecoparque empresarial da Montesiña

Manu Lourenzo cos plano do ecoparque empresarial
Manu Lourenzo cos plano do ecoparque empresarial
Soutomaior inicia o proxecto de licitación do Ecoparque empresarial da Montesiña

O Ecoparque empresarial da Montesiñaé un dos proxectos máis ambiciosos do concello de Soutomaior, que vai a transformar a economía do concello dándolle soporte a empresas e cubrindo unha alta demanda empresarial. 

A Montesiña, área de transición entre Arcade e Soutomaior, converterase, con este proxecto, nunha zona urbanizada. Dende o Goberno Local lembraron que o ecoparque empresarial vai a poder asumir a máis de 60 empresas. O alcalde Manu Lourenzo sinalou a alta demanda. Dende o momento que se anunciou este polígono, o Goberno local está recibindo ofertas de moitas empresas interesadas en querer ubicarse en Soutomaior. 

Dende o Goberno Local lembraron que este ecoparque empresarial trátase dunha necesidade que Soutomaior levaba moito tempo agardando. Lourenzo lembrou que “en Soutomaior témolo todo, temos potencial e capacidade emprendedora”. Soutomaior, porá deste xeito, a disposición das empresas que o soliciten os terreos para que poidan estabilizarse e poñer Soutomaior no lugar que merece. 

terroes do ecoparque empresarial
terroes do ecoparque empresarial

Manu Lourenzo dixo hoxe “con esta iniciativa avanzamos nun proxecto ambicioso que vai a transformar a estrutura económica do noso concello, primeiro porque vai a permitir que as empresas de Soutomaior e que o potencial emprendedor teñan lugar no que asentarse, pero ademais, vai a permitir que empresas que busquen conten en Soutomaior cun espazo ben comunicado e teña unha situación estratéxica inmellorable e que  poidan ter, no noso concello, un lugar no que emprender negocios”

Trátase, este ecoparque empresarial, dun proxecto que se vai a desenvolver por cooperación e que  axudará a vertebrar as dúas parroquias de Soutomaior, servindo de ponte entre elas e revalorizará o concello de Soutmaior, convertendo terreos que agora teñen catalogación agraria en dereitos para a construción de naves empresarias. 

Soutomaior inicia o proxecto de licitación do Ecoparque empresarial da Montesiña