Seis empresas presentan ofertas para executar a reforma integral da rúa Rosalía de Castro e a nova vía de acceso a Mollavao

Planta-do-novo-vial-de-Mollavao.Asdo
Planta-do-novo-vial-de-Mollavao.Asdo
Seis empresas presentan ofertas para executar a reforma integral da rúa Rosalía de Castro e a nova vía de acceso a Mollavao

Un total de seis empresas presentaron propostas para executar o proxecto unificado que abrangue a reurbanización da rúa Rosalía de Castro e a apertura da nova vía de conexión coa avenida de Marín, dúas intervencións que transformarán completamente o barrio

O contrato, que conta cun orzamento base de licitación de 3.726.621,23 euros, permitirá materializar unha demanda histórica da veciñanza mediante dúas actuacións interdependentes:

Apertura da nova vía de conexión: Crearase un enlace transversal de aproximadamente 100 metros de lonxitude sobre a parcela de Costas (antiga “parcela dos circos”). Esta infraestrutura contará con dous carrís de circulación de 3,50 metros e beirarrúas de 3 metros, conectándose aos viais existentes mediante dúas novas glorietas: unha na avenida de Marín (PO-12) e outra en Rosalía de Castro. Esta parte do proxecto conta co apoio económico da Deputación provincial.

Reurbanización de Rosalía de Castro: A actuación abrangue o treito dende Manuel del Palacio ata o paso do ferrocarril. A rúa adaptarase aos estándares do Modelo Pontevedra, deixando un único carril de saída de 3,30 metros, o que permitirá ampliar as beirarrúas e garantir a accesibilidade universal. O proxecto inclúe a renovación de servizos e a creación de zonas de estancia e coexistencia, como a situada fronte á Praza de Mollavao e o colexio Juan Sebastián Elcano.

Seis empresas presentan ofertas para executar a reforma integral da rúa Rosalía de Castro e a nova vía de acceso a Mollavao