Pontevedra, referente na xestión do ciclo da auga

Carme da Silva -19-07-30-
Carme da Silva
Pontevedra, referente na xestión do ciclo da auga

A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva, puxo en valor a eficacia na xestión do ciclo da auga do Concello de Pontevedra, enmarcándoa na xornada de mobilización pola emerxencia climática. "Somos moi conscientes de que a xestión local ten consecuencias na situación global, e que a auga é un recurso moi escaso que xera problemas periódicos e que de cara o futuro a previsión é que sexan cada vez máis frecuentes". Neste contexto, a nosa compañeira salientou a importancia de contar cunha xestión do ciclo da auga "correcta e eficaz".

Carme da Silva explicou que o cliclo da auga se refire ao todo o proceso para que toda a auga que se capta chegue ao seu destino, isto é, aos usuarios e usuarias. Así, para que este ciclo sexa eficaz é preciso reducir as perdas de augas e os recursos enerxéticos precisos para o seu traslado, dúas cuestións que desde Pontevedra se abordaron actuando na renovación da rede de abastecemento e na nova canalización do Pontillón á potabilizadora (ETAP).

Para medir esta eficacia, utilízanse dous indicadores: a porcentaxe de auga rexistrada e o consumo enerxético para trasladar a auga ata os lugares onde se consume. Considérase auga rexistrada a diferenza entre a auga se que potabiliza para o consumo e a auga que pasa polos contadores dos usuarios. Neste momento, segundo os datos que manexa a Xunta na Estratexia Galega de Economía Circular, a auga rexistrada nos concellos galegos sitúase nunha media do 70% e contempla un obxectivo, de cara a 2030, para que se sitúe no 80%. Carme da Silva asegurou que segundo os datos que manexa o goberno municipal, Pontevedra xa tiña no ano 2010 un 70,4% de auga rexistrada, polo que xa daquelas se melloraba a media galega actual.

 

Pontevedra supera amplamente o objetivo da Xunta para o 2030

A finais de 2019, a previsión do Concello é contar cunha porcentaxe de auga rexistrada do 87,5%, mentres que a ano finalizado, no 2018, esta porcentaxe situárase no 86,9%. Pontevedra ten na actualidade un 12,5% de auga non rexistrada (auga que non pasa por ningún contador, como por exemplo a auga para limpeza de espazos públicos), da cal tan só o 3,6% corresponde a fugas.

En canto ao aforro enerxético, as obras de canalización feitas no Pontillón permitiron un descenso no consumo de enerxía do 53%. Segundo os datos que achegou Carme da Silva, no ano 2010 o consumo de enerxía era de 3.830.285 kWh e no 2019 este consumo sitúase en 1.812.209 kWh.

 

ENCE como exemplo de despilfarro

A preguntas da prensa sobre o acordo tomado no Consello de Adminsitración da Autoridade Portuaria para apoiar a permanencia de ENCE na ría, Carme da Silva asegurou que é un exemplo de "consumo incontrolado" de recursos hídricos. "Mentres o Concello de Pontevedra investiu para mellorar o sistema de abastecemento, hoxe ENCE é o contrario da xestión eficaz da auga".

Carme da Silva explicou que a pasteira ademais non paga o canon que lle corresponde nin o coeficiente de vertedura porque usa un emisario que é un recurso da Xunta, e que declara 14 millóns e despilfarra arredor de 50 millóns. Tamén lembrou que, de non ter un trato preferente, tería que pagar 6 millóns a prezo de empresa pontevedresa.

Pontevedra, referente na xestión do ciclo da auga