Pontevedra recomenda moderar o consumo de auga diante do baixo caudal actual do río Lérez
01 ago. 2025 - 10:08
Pontevedra, 31 de xullo de 2025. A Xunta de Goberno Local aprobou diversas recomendacións sobre o consumo de auga, diante da escaseza de auga na bacía do Lérez, cun caudal que se situou o 30 de xullo, en 1,70 m3/s
Eva Vilaverde lembrou que, neste momento, o abastacemento está garantido a todos os municipios que reciben auga do Lérez, mais cómpre concienciar á poboación sobre o seu consumo diario para asegurar o aforro de auga e o uso racional deste recurso.
Por ete motivo, a Xunta de Goberno Local acordou as seguintes recomendacións no uso da auga á cidadadanía e ás empresas e entidades:
- Concienciar do uso sostible da auga por parte de toda a cidadanía.
- Que non se use a auga apta para consumo humano para encher piscinas particulares, regos de xardíns e limpeza de coches por particulares, etc.
- Moderar os consumos municipais (baldeos das rúas, regos de xardíns, peche de fontes ornamentais, e outros).
- Promover a instalación de dispositivos de aforro doméstico así coma doutras medidas para evitar o uso innecesario da auga, tales coma a utilización de sistemas de aforro de auga nas billas, pechar a billa durante o cepillado ou empregar a ducha no lugar do baño para evitar o uso de auga innecesaria.
- Instar ás empresas e industrias a minimizar o consumo e a un uso razoable da auga do abastecemento municipal, tendo en conta que o uso prioritario é o do abastecemento á poboación.
- Que se tome conciencia da importancia de levar a cabo medidas de aforro no consumo da auga, evitando o malgasto e minimizando os usos prescindibles.