O Pleno do Concello de Pontevedra aproba definitivamente os orzamentos municipais
Pontevedra, 23 de marzo de 2026. O pleno do Concello de Pontevedra ven de dar luz verde definitiva aos orzamentos municipais para 2026, cos votos en contra do PP, logo de desestimarse a única alegación aos orzamentos municipais, presentada por VOX.
O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, volveu calificar as Contas de 2026 como históricas para o municipio. "Estamos falando dun orzamento expansivo de 103.768.000 euros, o máis alto que nunca se fixo no concello, que é claramente investidor e ten cun elevado contido social"
Na súa exposición destacou que a maior parte do esforzo económico destinarase de forma directa aos barrios e ás parroquias. Explicou que máis de 10 millóns de euros están destinados a zonas como A Parda, Monte Porreiro, O Burgo, Mollavao ou Campolongo, entre outros. Ademais, aclarou que o volume real do investimento é aínda maior do que reflicte esta anualidade, xa que moitas das obras proxectadas teñen un carácter plurianual e o seu financiamento prolóngase en varios exercicios.
O orzamento entrada de inmediato en vigor, unha vez publicado no boletín oficial da provincia.