Ponteatro regresa ao Principal con 4 propostas do mellor teatro galego entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo
O concelleiro Demetrio Gómez presentou una nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con 4 espectáculos ente o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21.00h no Principal. Os abonos a un prezo de 20€ e as entradas a 8/4€ están xa á venda en Ataquilla.com.
Antes de falar do programa o edil destacou o cartaz deseñando por Ovo Publicidade e “inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (“Figura alada” de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago). “Nesta tempada de inverno contaremos con 4 obras que cada vez é máis complicado escoller. Non porque non haxa pezas, porque as hai e o teatro galego é fértil, senón por colmar as expectativas do público de Pontevedra. O ano pasado esgotamos as entradas para todas as función e todas as obras triunfaron, polo que as expectativas son moi altas. Desta volta ao programar centrámonos en emocionar, provocar sensacións, convidar á reflexión. Farémolo con temáticas como a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor”.
Xoves 26 de febreiro – 21.00 h no Teatro Principal. GUERRA de Teatro do Noroeste. Autoría e dirección: Eduardo Alonso. Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez.
Xoves 5 de marzo – 21.00 h no Teatro Principal. TROMSØ de Morraoconto. Autoría: Rafa Martínez. Dirección: Rafa Martínez e Esther Latorre. Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman e Lucía Iglesias.
Xoves 12 de marzo – 21.00 h no Teatro Principal. COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO de CDG e Mariña Lestón. Accesible en Lingua de Signos. Autoría e dirección: Mariña Lestón. Elenco: Mariña Lestón e Gema Santos (intérprete de Lingua de Signos).
Xoves 26 de marzo – 21.00 h no Teatro Principal. MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE de Producións Teatrais Excéntricas. Autoría: Quico Cadaval e Carme Varela. Dirección: Quico Cadaval. Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.