Ernesto Filgueira demanda unha liña de axudas directas para o tecido cultural de Cerdedo-Cotobade
Cerdedo-Cotobade, 1 de setembro de 2020. O portavoz do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, ven de presentar unha moción no portelo municipal co obxectivo de prestar atención á situación de debilidade estructural á que se enfrenta o colectivo cultural e folclórico do concello diante das escasas actuacións que desenvolveron durante a tempada estival por mor da suspensión casi ao completo de todos os eventos festivos que cada ano esixen a contratación de grupos de música e baile tradicional. A consecuencia directa é a escasa recaudación económica nos petos das asociacións coa que, habitualmente, fan frente aos custos derivados da formación e mantemento das actividades anuais e concretas que desenvolve cada asociación e permite manter unha dinámica cultural potente na realidade social de Cerdedo e de Cotobade. O BNG, liderado por Ernesto Filgueira, entende que estas asociacións son o verdadeiro eixo que manten a engranaxe cultural municipal, xa que a suma de actividades, accións é alunado constitúen o motor dinamizador ao que a administración local debe prestar especial atención e coidado.
Ernesto Filgueira: “Debido á preocupante situación actual é máis urxente ca nunca ofrecer soporte ao tecido asociativo municipal para garantizar a continuidade da súa actividade formativa, divulgativa e social”.
Ademáis do problema económico existe outro de carácter histórico: os espazos onde desenvolver o conxunto da actividade cultural. Así pois, mentres algunhas ascociacións dispoñen de espazos públicos outras levan décadas utilizando as instalacións exteriores de colexios e institutos polo que, diante da pandemia actual, existe o temor de que a Consellería de Educación decida non prestar ditas instalacións escudándose no Covid19.
Polo tanto, Ernesto Filgueira defenderá no vindeiro Pleno municipal:
- A aprobación con carácter de urxencia dunha liña de axudas económicas que contribúa a manter todas e cada unha das actividades formativas e artísticas das diversas asociacións culturais e folclóricas de Cerdedo-Cotobade.
- A limpeza e desinfección dos espazos municipais garantida polo goberno local e a dotacióndo material preciso para garantir a separación do alunado para crear “espazos seguros” onde a cultura formativa e social se leve a cabo dentro dos parámetros sanitarios actuais.
- Que o goberno municipal xestione coa Consellería de Educación da Xunta de Galizao uso -como ben sendo habitual- das instalacións exteriores dos colexios e instituto públicos con cadanseu protocolo sanitario de distanciamento persoal e limpeza garantido polo goberno local co obxecto de que as actividades continúen de xeito seguro e pervivan fronte a actual pandemia.