A Cova dos Libros Fantásticos retoma a súa actividade na Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura
Pontevedra, 2 de outubro de 2024. A cativada da cidade pode gozar a partir do xoves 3 de outubro da Cova dos Libros Fantásticos, un espazo lector, de encontro e xogo, acodicionado para que as familias con nenos e nenas accedan aos máis de 4.000 libros que conforman o fondo do Salón do Libro.
Esta primeira xornada contará coa visita da afamada e querida mascota Orbil que dará a benvida a que se achegue ás instalación que, nos próximo meses e ata o 21 de decembro permanecerán abertas os luns e os xoves de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 11 a 13 horas.
Tal e como vén sendo habitual o acceso á Cova é de balde mais compre formalizar o carné de socio/a para, amais de gozar dos libros no propio espazo, poder levalos emprestados para casa durante uns días.
A organización salienta que no mes de outubro vai festexar o luns 14 o día das escritoras, o día 24 o Día das Bibliotecas e prepara unha festa de medo o xoves 31 polo Samaín.
Puntualmente e por mor dos festivos do 12 de outubro ou o 6 de decembro ou da celebración de outros eventos como Etiqueta Negra ou Culturgal, permanecerá pechada.