Concello e Xunta avanzan na cesión de terreos municipais para vivenda protexida e definir novos ámbitos de edificación

2
2
Concello e Xunta avanzan na cesión de terreos municipais para vivenda protexida e definir novos ámbitos de edificación

Pontevedra, 19 de xuño de 2024. O concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña e o director xeral de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Xosé Manuel Tato, mantiveron unha reunión de traballo co xefe territorial do Instituto Galego Vivenda Solo, José Manuel González, e Heriberto García, secretario xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, para avanzar no acordo de ambas institucionais de incrementar o parque de vivenda pública en Pontevedra, ademais definir novos posibles ámbitos máis aló dos xa ofrecidos polo Concello. 

“Este é un traballo conxunto que estamos desenvolvendo entre ambas as dúas administracións, que máis pronto que tarde vai a dar os seus froitos”, explicaba o concelleiro. 

Hai unhas semanas o Concello de Pontevedra ofreceu ao IGVS até sete parcelas nas que poder edificar estas vivendas, que neste momento están a estudo por parte do instituto da Xunta. As parcelas son: 

  • Unha parcela en Valdecorvos (cunha edificabilidade de 7.500 m2), actualmente adicada a estacionamento. Calcúlase que ofrecería espazo para 54 vivendas. (Unha das melloras valoradas pola Xunta) 
  • Unha parcela na Unidade de Actuación 7, mazá 46G (zona da antiga Tafisa), con 5.800 m2 de edificabilidade. (Unha das melloras valoradas pola Xunta) 
  • Unha parcela na rúa da Barca, no número 45. Serían uns 735 m2 edificábeis. 
  • Unha parcela na rúa Amado Carballo, con 1.000 m2 de edificabilidade 
  • Unha parcela na rúa das Devesas, na zona da Parda, na UA 15. 1.500 m2 de edificabilidade. 
  • Unha parcela na UA 18, na rúa Poza dos Canos, con 1.000 m2 de edificabilidade 
  • A última das parcelas estaría situada nunha zona cun proxecto pendente de desenvolver, na Finca do Teucro. Contaría cunha edificabilidade de 1.900 m2. (Unha das melloras valoradas pola Xunta)

O concelleiro adiantou que a intención é “ter resolta a cesión canto antes” e nas próximas semanas avanzar na definición de posibles novos ámbitos máis alá dos ofrecidos. 

Quedaron emprazados para futuras xuntanzas a expensas da reunión que esta semana mantén o alcalde coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda que “sirva tamén para continuar a dar novos pasos neste traballo conxunto para as dúas administracións”, indicaba Alberto Oubiña. 

Concello e Xunta avanzan na cesión de terreos municipais para vivenda protexida e definir novos ámbitos de edificación