O Concello levará a cabo o asfaltado nos camiños de abaixo da Igrexa de Soutomaior

Manu Lourenzo nun dos camiños de abaixo da Igrexa
Manu Lourenzo nun dos camiños de abaixo da Igrexa
O Concello levará a cabo o asfaltado nos camiños de abaixo da Igrexa de Soutomaior

Soutomaior, 6 de abril de 2026. O Goberno Local levará a cabo o asfaltado nos camiños de abaixo da Igrexa de Soutomaior (un deles é coñecido como o Regueiro do Piñeiro). Trátanse de dous camiños que están moi deteriorados. Con esta obra dende o Goberno Local tratan de poñer en valor a contorna con este asfaltado e cun investimento de preto de 50 mil euros de fondos propios.  

Tal e como dixo nesta xornada o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “pouco a pouco imos avanzando na mellora do concello, estes camiños están en estado de abandono e teñen un papel moi imporante na vertebración do barrio do Rial. Serán dous camiños renovados con materiais que dignifiquen toda a contorna e permitan que a veciñanza poida contar con servizo e comunicacións e dunha contorna rural renovada”. 

O alcalde lembrou que “un dos obxectivos estratéxicos do Goberno de Soutomaior desde o comezo do mandato é levar a cabo a transformación rural e urbana do noso concello para mellorar a vida da veciñanza”.

O Concello levará a cabo o asfaltado nos camiños de abaixo da Igrexa de Soutomaior