O Concello encarga o plan de usos da coñecida como parcela de Fenosa

Eva Vilaverde
Eva Vilaverde
O Concello encarga o plan de usos da coñecida como parcela de Fenosa

Pontevedra, 27 de marzo de 2025. Eva Vilaverde,deu a coñecer as novidades ao redor do expediente de adquisición da coñecida como parcela de Fenosa, na Parda, e os edificios que contén. “É sabido que esta incorporación ao patrimonio público é unha prioridade para o Goberno, e por iso estamos avanzando con gran celeridade á hora de executar todos os trámites necesarios para tentar traballar in situ nesta parcela”, indicou. “Xa foron realizados os levantamentos topográficos e arquitectónicos, e coñecemos o estado das edificacións existentes. Valorando a situación, podemos dicir que levamos unha alegría, pois temos moi avanzado todo ao redor da adquisición desta parcela”. 

Vilaverde explicou que das distintas edificacións existentes —que se poden dividir na pérgola que servía de aparcadoiro no seu día, un edificio de oficinas de tres andares e planta baixa, e a gran nave existente no recinto; amais dunhas edificacións intermedias que poderían servir de almacéns— a que peor situación presentaría sería a pérgola, que non é recuperable. 

O resto de edificios si están nunha situación bastante favorable —dentro da realidade de saber que precisan reformas integrais de distintos tipos—, no referido á cimentación e estrutura. 

A intención do Concello de Pontevedra é, nun primeiro momento, situar neste lugar o depósito da grúa e o garaxe para os coches históricos dos bombeiros. “En todo caso, haberá que estudalo máis polo miúdo, e ver o desenvolvemento das súas instalacións”, tal e como se fará no plan de usos e necesidades, xa encargado. 

O seguinte paso será levar a pleno o cambio de uso urbanístico da parcela, para adaptalo ás necesidades de utilización deste espazo. 

O Concello encarga o plan de usos da coñecida como parcela de Fenosa