Un cento de entidades atopan acubillo na Casa Azul, cuxos espazos, servizos e contactos cede Benestar Social ao tecido asociativo pontevedrés

Un cento de entidades atopan acubillo na Casa Azul, cuxos espazos, servizos e contactos cede Benestar Social ao tecido asociativo pontevedrés

Pontevedra, 18 de maio de 2026. Arredor dun cento de asociacións socio-sanitarias e de inserción social, entidades de acción social, asociacións veciñais e colectivos de emigrantes atopan acubillo, de xeito directo ou indirecto, na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 4), o espazo multifuncional que a Concellería de Benestar Social pon a disposición do tecido asociativo pontevedrés. Ademais acolle accións e servizos municipais dirixidos a persoas en situacións de vulnerabilidade.

“Estamos satisfeitas de que a Casa Azul sexa a casa das asociacións” destaca a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, quen, no entanto, engade: “”somos conscientes da falta de espazo e doutras necesidades e, por iso, imos contratar o proxecto de obra para mellorar o equipamento”, co fin de gañar en funcionalidade, comodidade e dotacións.

O edificio municipal dispón de despachos, aulas e salas multifuncionais cun uso variado. Hai asociacións socio-sanitarias e de inserción social que prestan servizos informativos e asistenciais, ademais de desenvolver actividades de formación e divulgación. Algunhas teñen a sede na propia Casa Azul como ocorre, por exemplo, con ASEII, Anedia, FEAFES, Xoga, Alcólicos Anónimos, Asovedra ou Amiga. Outras teñen un punto de atención e colaboran desenvolvendo obradoiros e actividades na Casa Azul ou en outras dependencias municipais, como, por exemplo: Apropark, Manaia, Familias Azuis, Arelas Down Pontevedra-Xuntos, Afapo, Secretariado Xitano, Rexurdir Provincial ou Boa Vida. A esta rede engádese a participación en iniciativas puntuais (propias ou á demanda) de entidades colaboradoras externas.

Tamén hai colectivos, sobre todo veciñais, que teñen neste equipamento un punto de contacto coa cidadanía e un espazo comunitario para a realización de actividades.

A cesión dos espazos da Casa Azul aos tecido asociativo é temporal, con posibilidade de renovación. Neste 2026, a relación de usuarios inclúe: 30 entidades-socio sanitarias, 13 entidades de inserción laboral (algunhas con dobre función/catalogación), 22 de acción social, 4 de apoio a emigrantes, 23 asociacións veciñais (punto de contacto) e 19 entidades colaboradoras.

Un cento de entidades atopan acubillo na Casa Azul, cuxos espazos, servizos e contactos cede Benestar Social ao tecido asociativo pontevedrés