O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visita as mozas e mozos que participan no campamento de surf en Razo
Soutomaior, 29 de xullo de 2025.O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou ás 60 mozas e mozos que están participando ao longo desta semana no Campamento de Surf en Razo na escola ArtSurfCamp.
O programa Verán Activo de Soutomaior achega actividades para a mocidade entre as que atopa este campamento. Un campamento que esgotou en minutos as prazas ofertadas, sinal do éxito desta convocatoria que repite por segundo ano consecutivo.
Un campamento que busca que estas mozas e mozos aprendan a realizar un deporte como o surf, gozar dunha contorna natural excepcional na costa, e vivir toda unha aventura compartida con outras persoas desde o respecto e a tolerancia.
Trátase dunha oportunidade única para as vacacións de verán da mocidade, xa que durante estes días están gozando do tempo libre, a praia, ademais, de facer deporte. Este campamento leva ás persoas participantes ao lugar idóneo para practicar ou iniciar desde cero a disciplina. E o aloxamento do campamento sitúase a escasos metros do mar.
Ademais do surf neste campamento tamén se están realizando outras actividades fora da auga para mellorar o dominio deste deporte. E por suposto, non todo xira en torno ao surf. Tamén están levando a cabo outros deportes como o volei praia, rutas de sendeirismo litoral, surfskate, xogos na praia... Outro aspecto importante é que se trata dun lugar de encontro multicultural.