A ACTITUDE VERGONZOSA DO PP IMPIDE APROBAR POR UNANIMIDADE A ELIMINACIÓN DA SIMBOLOXÍA FASCISTA

O alcalde de Cerdedo-Cotobade impide que se traten no pleno as mocións da ponte de Pedre e do aparcamento de Montecelo

Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira
O alcalde de Cerdedo-Cotobade impide que se traten no pleno as mocións da ponte de Pedre e do aparcamento de Montecelo

No pleno da corporación municipal celebrado o 11 de abril, o PP volveu facer ouvidos xordos á Lei e ás demandas realizadas polos colectivos memorialistas e polo BNG, para borrar os vestixios laudatorios da ditadura franquista e honrar ás persoas demócratas asasinadas ou represaliadas no noso termo municipal.

“A súa é unha actitude indigna dunha persoa que se di demócrata” exclamou Ernesto Filgueira. “Xa van tres veces que levamos este tema a pleno e vostede segue sen ser capaz de condear o réxime fascista que nos levou a unha longa noite de pedra, como diría Celso Emilio Ferreiro e, sobre todo, segue sen ser capaz de facer cumprir o acordo desta corporación de borrar toda a apoloxía ao réxime franquista do noso espazo público. A que ten medo, señor Cubela, ou é que no fondo ve -como os seus compañeiros de partido de Madrid- con bos ollos a ditadura represora que acabou coas liberdades no Estado?”.

A moción do BNG foi aprobada, ao igual que a presentada en novembro do 2021, cos votos do BNG e o PSOE e a abstención do PP. 

Cubela impide debater a moción do BNG sobre a ponte de Pedre e a moción conxunta BNG-PSOE para que o aparcamento do hospital Montecelo sexa de balde

O BNG levou por urxencia dúas mocións, que non foron tratadas ao non aceptar a urxencia o alcalde e o seu grupo. A primeira pedía que se acometese a reforma integral da ponte medieval de Pedre, que se atopa nunha situación verdadeiramente perigosa após  un desbroce feito polo concello no 2021 no que se comprometeu a infraestrutura ao non realizar accións posteriores de consolidación das estructuras da ponte medieval, e que derivaron no derrube do contraforte -que a día de hoxe- segue no chan e está a comprometer o conxunto da infraestructura medieval. A pesar da evidente xustificación da urxencia despois de dous anos co contraforte completamente estragado, Cubela fuxíu de dar explicacións e impedíu o seu debate

A segunda moción de urxencia que se negou a tratar -esta presentada conxuntamente co PSOE- demandaba que o novo aparcamento do noso  hospital de referencia -Montecelo- sexa de balde. 

O alcalde de Cerdedo-Cotobade impide que se traten no pleno as mocións da ponte de Pedre e do aparcamento de Montecelo