TEATRO PRINCIPAL. 15 DE SETEMBRO ÁS 18 H.

Un acto público, no que se desvelará o segundo ou segunda presentadora, dará o pistoletazo de saída á programación especial dos Feroz 2026

Anabel Gulías n
Anabel Gulías na presentación do primeiro acto da programación previa dos Feroz
Un acto público, no que se desvelará o segundo ou segunda presentadora, dará o pistoletazo de saída á programación especial dos Feroz 2026

Pontevedra, 3 de setembro de 2025. A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, anunciou eo comezo da programación previa aos Premios Feroz 2026, unha nova edición que, segundo afirmou, chega “con moitísima ilusión” e co obxectivo de incrementar o número de actividades arredor da gala. 

O primeiro gran evento desta tempada terá lugar o vindeiro 15 de setembro ás 18.00 horas no Teatro Principal. Trátase dun coloquio público no que se desvelará un dos segredos mellor gardados da vindeira edición: a identidade dunha das persoas que acompañará á xa anunciada Samantha Hudson na presentación da gala. 

“Quixemos comezar este arranque de tempada organizando un acto público, un encontro, para dar a coñecer quen vai ser un ou unha das acompañantes de Samantha Hudson”, explicou a edil. A identidade do presentador ou presentadora manterase en segredo até ese mesmo día. 

Para asistir a este evento, o Concello activará o mesmo sistema de entradas que na edición anterior. A asistencia será de balde, mais será preciso retirar previamente unha entrada nas oficinas de turismo. As entradas estarán dispoñibles unha semana antes do evento, a partir do 8 de setembro, no horario habitual da oficina de turismo municipal. Manterase a limitación de catro entradas por persoa para garantir unha distribución equitativa. 

Gulías subliñou que este é só o primeiro dunha serie de actos que se irán anunciando proximamente. “Hai un calendario de actividades que faremos público. Por agora o que queremos dar a coñecer é este primeiro acto público”, aclarou. “Convidamos a todo o mundo a que se achegue, que volv

Un acto público, no que se desvelará o segundo ou segunda presentadora, dará o pistoletazo de saída á programación especial dos Feroz 2026