45 alumnos e alumnas de Soutomaior regresan do programa de formación en inglés na localidade irlandesa de Atholone

Mozas e mozos de Soutomaior nos xardins de Belvedere en Atholone
Mozas e mozos de Soutomaior nos xardins de Belvedere en Atholone
45 alumnos e alumnas de Soutomaior regresan do programa de formación en inglés na localidade irlandesa de Atholone

Soutomaior, 5 de maio de 2026. Á 1:30 da madrugada, na pasada noite, remataba o programa de formación do que desfrutaron 45 alumas e alumnos de 4º da ESO do concello de Soutomaior. 

Unha formación onde o alcalde, Manu Lourenzo, asistiu a un acto institucional onde conversou e coñeceu ao Alcalde de Atholone, Vinny McCornack e ao primeiro ministro da República de Irlanda, Michaél Martin.

O alcalde co primeiro ministro da república irlandesa
O alcalde co primeiro ministro da república irlandesa

Hoxe, o alcalde quixo facer balance desta positiva experiencia. Manu Lourenzo dixo que  con esta iniciativa dende o Goberno de Soutomaior “tratamos de potenciar a aprendizaxe de novas linguas, neste caso de inglés, cun programa que ten moito que ver tamén co coñecemento de novas culturas, coa integración e inmersión non só lingüística senón tamén o coñecemento de novas persoas, novas culturas, novas cidades, novos lugares”. O alcalde lembrou que se trata dun “proxecto que supón un esforzo importante para o concello de Soutomaior pero que está sumamente xustificado e gratificado cando vemos ás nosas mozas e mozos aprendendo nun lugar tan marabilloso como o é Irlanda. Ao longo destes días tiveron a oportunidade de visitar diferentes lugares Ahtolone, Dublín, Galway, experiencias que lle permitiron desfrutar e que tamén enriquece ao concello”. En relación a isto o alcalde ten claro que “cando temos unha mocidade formada, que coñece culturas, que é capaz de respectar a diversidade lingüística do mundo creo que somos un concello mellor. E non quero deixar de aproveitar a ocasión para recoñecer a actitude e comportamento que tiveron as mozas e mozos de Soutomaior, son un exemplo para todo mundo, souberon amosar a educación, o saber estar, e, como alcalde, soamente podo agradecer a esta mocidade, que en tantas ocasións se pon como exemplo para cousas negativas, creo que en Soutomaior amosaron que hai futuro,  e que amosaron que en Soutomaior temos unha mocidade que ten ganas de aprender e amosa que ser veciños de Soutomaior é un orgullo e que representa valores como a educación, a formación e a cultura, son un exemplo e por estes mozas e mozos vale a pena calquera esforzo”. 

Trátase dun programa de inmersión lingüística que lle permitiu ao alumnado entrar en contacto directo co inglés e coa cultura de Irlanda. 

O concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes deste programa por alumno e alumna empadroada, unha cantidade que, en función da renda e das circunstancias sociais e familiares, algunhas familias acadaron o 75% do custe da estadía por alumna ou alumno. 

Deste xeito, o concello de Soutomaior, adicou unha partida de 25 mil euros para este programa en Irlanda que incluíu os gastos de aloxamento e manutención e diferentes actividades culturais como a visita a Dublín ou a Galway. 

45 alumnos e alumnas de Soutomaior regresan do programa de formación en inglés na localidade irlandesa de Atholone