Hai que apoiar a innovación
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou a necesidade de apostar polos proxectos empresariais que trasladen ao mundo a idea dunha Galiza ambiciosa e innovadora, que mira para fóra porque quere chegar lonxe. Así o asegurou durante a visita á empresa Distribucións Arnoia, no polígono de A Reigosa, que cualificou de “proxecto punteiro”, xa que está a levar libros dende Ponte Caldelas a máis de 40 países de todo o mundo grazas a unha valente visión empresarial e a unha aposta pola modernización e a innovación.