A Casa da Cultura de Moraña queda pequena na presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas

A Casa da Cultura de Moraña queda pequena na presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas

presentación-candidatura-moraña-480x320Moraña, 3 de marzo de 2015.- Tal e como se fixera público o pasado mes de xaneiro, o actual portavoz municipal do BNG, Marcos Suárez Redondo, volverá encabezar a candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Moraña, na que tamén repetirá como número 2 Eva Villaverde Pego. As 19 caras restantes que completan a lista déronse a coñecer o pasado sábado nun acto de presentación que ateigou o salón de actos da Casa de Cultura A.D.R. Castelao.  Desta maneira a candidatura queda como segue:

1-    Marcos Suárez Redondo.

2-    Eva Villaverde Pego.

3-    Rubén Fernández Monteagudo.

4-    Mariña Búa González.

5-    Susana Fuentes Gago.

6-    Fco. Javier Acevedo Ferreira.

7-    Eloi Carramal Escudeiro.

8-    José Luís Núñez Monteagudo.

9-    Paula Calvo Ruibal.

10- Mónica Rodríguez García.

11- Diego Antonio Oliveira Aboi.

12- Luís Cancela González.

13- Laura Casal Tizado.

14- Enrique Fernández Salgado.

15- Rafael Rodríguez Ruibal.

16- María Gamallo Silva.

17- Iván Ferreiro Pérez.

18- Dalmacio Pereira Souto.

19- Belén Giménez Solla.

20- Antonio Hervés Rivas.

21- Liliana Fariña Cerviño.

O BNG-Asembleas Abertas toma a dianteira ao resto das forzas políticas ao presentar o pasado sábado a súa candidatura completa

As intervencións correron a cargo das persoas que integran o primeiro tramo da lista, e o que máis se salientou nelas foi o traballo feito durante estes catro anos polo Grupo Municipal, o esforzo que sempre caracterizou ao BNG e a capacidade de traballo e ilusión que define a esta candidatura. Unha candidatura na que sobresae a mocidade e o activismo social e cultural que caracteriza a unha parte importante dos seus membros.

moraña-publicoO cabeza de lista comezou a súa intervención agradecendo o compromiso amosado por todos e todas as compoñentes da Candidatura BNG-Asembleas Abertas.

Marcos Suárez deixou claro que “Moraña precisa dun goberno forte, coherente e con decisión propia”. Salientou a experiencia en xestión económica e xestión pública de membros da candidatura, así como o seu activismos social e traballo colectivo.

O acto contou coa presenza da Deputada Montse Prado e a Responsable Nacional de Política Municipal no BNG, Goretti Sanmartín, que arrouparon así a Candidatura BNG-Asembleas Abertas de Moraña.

A Casa da Cultura de Moraña queda pequena na presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas