O BNG PROPUSO EN 2019 QUE OS LODOS TÓXICOS E PERIGOSOS SE TRATASEN EN TERRA

Luís Bará denuncia que a Xunta leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración da ría

DRAGAXE RÍA1
Luís Bará denuncia que a Xunta leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración da ría

Pontevedra, 29 de abril de 2021. A Xunta de Galiza leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe da desembocadura do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración de 4,3 quilómetros do río, desde as Corbaceiras até a illa de Tambo.

A dragaxe -lembrou Bará- é un paso tamén imprescindíbel para garantir a navegabilidade do río e a accesibilidade ao porto deportivo do río Lérez en Pontevedra. Este proxecto iniciouse no 2011, e a Xunta leva dez anos de escusas para non facelo. Primeiro foi o cambio de lexislación, logo o rexeitamento por parte das confrarías ao depósito das lamas na ría de Pontevedra; máis tarde o rexeitamento tamén de que estes vertidos se fixeran nos depósitos situados na boca da ría de Arousa, nas inmediacións da illa de Sálvora, e "parécenos unha auténtica burla, un desprezo, un insulto, que a directora de Portos de Galiza poña agora a escusa da prohición por parte do goberno do Estado da utilización desa zona para os vertidos de lodos do río Lérez".

Luís Bará: "Parécenos unha auténtica burla, un desprezo, un insulto, que despois de dez anos de paralise, a directora de Portos de Galiza poña agora a escusa da prohibición do Estado de verter os lodos nas inmediaciones de Salvora para demorar aínda máis unha actuación vital para a ría"

O deputado nacionalista lembra que" xa en xuño de 2019 houbo un acordo unánime no Parlamento Galego para que a Xunta elaborase unha proposta alternativa, sustentábel, para os depósitos da dragaxe do Lérez, de tal xeito que se garanta que non se afectase a ningunha das rías, en especial da de Arousa, e para cumprir este acordo, o BNG propuxo no seu día que as lamas que sexan potencialmente tóxicas ou contaminantes sexan retiradas e tratadas en terra". 

Instamos á Xunta a que se poña a traballar nun proxecto viábel e sustentábel que garanta que se recupere o río, que se recupere a súa produtividade, a súa navegabilidade e a utilización con garantías do porto deportivo de Pontevedra, e que se faga cun proxecto que permita a retirada e tratamento en terra deses lodos. O mar debe deixar de ser un vertedeiro 

Desde hai un ano estamos agardando a que se efectivice este proxecto, e esta iniciativa do BNG levarase proximamente a unha comisión paralamentaria para que adoptemos un acordo unánime no Parlamento e que, dunha vez por todas, a Xunta se poña a traballar nun proxecto viábel e sustentábel que garanta que se recupere o río, que se recupere a súa produtividade, a súa navegabilidade e a utilización con garantías do porto deportivo de Pontevedra, e que se faga un proxecto que permita a retirada e tratamento en terra deses lodos que ninguén quere e que ademais non se deben utilizar no mar, ao ser potencialmente toxicos e perigosos. “O mar debe deixar de ser un vertedeiro”, afirmou o deputado nacionalista.

Luís Bará denuncia que a Xunta leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración da ría