Ernesto Filgueira plantexa unha vía peonil/ciclista en Borela para incrementar a seguranza viaria

Ernesto Filgueira-Borela
Ernesto Filgueira-Borela
Ernesto Filgueira plantexa unha vía peonil/ciclista en Borela para incrementar a seguranza viaria

O BNG de Cerdedo-Cotobade acaba de rexistrar unha Moción para ser debatida e aprobada no vindeiro Pleno Municipal. O obxectivo é promover as xestións precisas até adecuar as actuais características da estrada provincial EP-0407, Borela, ao Plan de Mobilidade da Deputación baseadas en melloras no trazado e de seguranza viaria dende a PO-233 ata o entronque co camiño que chega ao lugar da Graña.

Trátase dunha reclamación social que obriga ao BNG a denunciar a situación de perigo coa que se enfrontan todos os días a veciñanza que fai uso desta estrada -especialmente no tramo comprendido entre a intersección anterior á Casa Cultural Nélida Piñón ata o lugar da Graña- xa que se trata dun vial que conta cunha longa recta con pronunciados cambios de rasante, sen arcéns e sen beirarrúas. As propias características da plataforma rodada, ademáis de non garantizar o paso seguro da veciñanza, incitan aos conductores a aumentar a velocidade nesta vía provincial creando unha gran perigosidade a carón da Casa Cultural Nélida Piñón, local público veciñal e da vida social da parroquia, e dun parque infantil.

En definitiva, Ernesto Filgueira vai solicitar o apoio do Pleno Municipal para instar á Deputación Provincial a acometer actuacións na estrada EP-0407 para a mellora do trazado, reducción de curvas, o calmado do tráfico e a creación dun vial peonil/ciclista paralelo á plataforma rodada que garanta a mobilidade veciñal de xeito seguro e se poida utilizar como unha vía bio-saudábel necesaria para a parroquia de Borela.

Ernesto Filgueira plantexa unha vía peonil/ciclista en Borela para incrementar a seguranza viaria