Ernesto Filgueira espera que Cubela cumpra a súa palabra e poña os recursos municipais necesarios para impedir a construción do parque eólico dos Cotos

Presentación alegacións eólicos Campo das Rosas
Ernesto Filgueira espera que Cubela cumpra a súa palabra e poña os recursos municipais necesarios para impedir a construción do parque eólico dos Cotos

Cerdedo-Cotobade, 27 de xullo de 2021. Este Parque Eólico supón unha ameaza directa desde o ponto de vista ambiental, patrimonial, etc. e compromete o futuro económico da parroquias de Borela, Rebordelo, Carballedo, Loureiro e Viascón afectando indirectamente outras parroquias limítrofes como Aguasantas pola proximidade dos aeroxeradores. Esta situación sobrevida está a provocar unha alarma social manifestada pola veciñanza de xeito individual ou colectivo que se están a mobilizar contra o P.E. dos Cotos polas consecuencias negativas que a todos os niveis supón a súa instalación. 

Ernesto Filgueira que lembrou que o propio Alcalde de Cerdedo-Cotobade “manifestou públicamente a sua oposición á instalación do parque na asemblea veciñal celebrada no pavillón de Carballedo o pasado 27 de xuño”, solicita. 

  • Un posicionamento institucional firme contra a instalación do P.E. Dos Cotos 
  • Que se comunique públicamente o contido da exposición pública no antigo Concello de Cotobade en 2013 do proxecto orixinal promovido pola empresa Tiraventos S.L. 
  • Que fagan as xestións necesarias ante a Xunta de Galiza e ante a empresa para obter toda a información sobre as modificacións do proxecto orixinal a respeito do número e dimensión dos aeroxeradores, potencia por aeroxerador e potencia total a instalar, dimensión e posición da superficie da poligonal, instalación de estacións e subestacións, liñas de evacuación, posíbeis modificación da afectación medioambiental, etc. 
  • Que o Concello se comprometa custear todos os gastos de honorarios de asistencia xurídica e procuradores/as necesarios para apresentar canta demanda sexa necesaria para impedir a instalación do PE Dos Cotos.
Ernesto Filgueira espera que Cubela cumpra a súa palabra e poña os recursos municipais necesarios para impedir a construción do parque eólico dos Cotos