EIDF-SOLAR CONSTRUIRÁ O SEU CENTRO TECNOLÓXICO NO POLÍGONO DE OUTEDA-CURRO

Os polígonos de Barro mostran o seu dinamismo

Eidf-solar 1
Os polígonos de Barro mostran o seu dinamismo

Barro, 5 de febreiro de 2021. O Concello de Barro vén de aprobar a licenza de obra a EiDF-Solar S.A. para a construción dun centro tecnolóxico para o  desenvolvemento de módulos fotovoltáicos no Polígono de Outeda-Curro. 

A empresa EiDF-Solar S.A. vai executar a súa nave para centro tecnolóxico na parcela E-01, que conta cunha superficie de 2.737 metros cadrados, na que se construirán unhas instlacións de 1.905,75 m e nas que van investir 733.231,29 euros. 

Trátase dun importante paso na consolidación desta empresa punteira no sector das enerxías renovables que ten a súa sede en Barro. A construción desta nova nave para o desenvolvemento de módulos fotovoltaicos supón un novo paso na ocupación de terreos do polígono de Outeda-Curro e pon de manifesto o atractivo deste polígono como motor económico da comarca e que sigue avanzado na súa ocupación, mais se cabe nestes momentos de incertezas económicas. 

Para o Alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, representa unha satisfación comprobar como se van consolidando os polígonos de Barro co asentamento de novas empresas que, ademais, fan que se afiancen estes polígonos como referencia para empresas relacionadas coa alimentación e coas enerxías limpas. 

Estas iniciativas empresariais son prioritarias para o Goberno municipal e para os técnicos municipais, que tramitan estes expedientes coa maior celeridade posíbel co fin de facilitar o asentamento destas empresas no concello. Axilidade que teñen agradecido ao Alcalde tanto os responsables das empresas xa sentadas como representantes de asociacións empresariais. 

É de salientar a importancia do asentamento de empresas que traballan en prol das enerxías renovables como eixo fundamental cara unha economía verde e sustentable.

Os polígonos de Barro mostran o seu dinamismo