O BNG protagoniza o pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira
O noso Portavoz municipal, Ernesto Filgueira, foi o protagonista absoluto do pleno municipal de Cerdedo-Cotobade, ao conseguir aprobar por unanimidade as cinco mocións presentadas
O BNG protagoniza o pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade

O BNG foi a única forza política que presentou iniciativas no pleno de setembro en Cerdedo-Cotobade. En total cinco mocións, que foron aprobadas por unanimidade. O Portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, agradeceu esa unanimidade e salientou que, “de levarse a cabo as medidas propostas, suporán unha importante mellora para os veciños e veciñas do concello”.

Falamos do servizo de emerxencias, instando á Deputación a que se cree e se dote un parque de bombeiros nunha ubicación que permita que se acurten os tempos de resposta en caso dalgunha emerxencia.

Falamos de instar ao Ministerio de Fomento a desbotar o proxecto de ensanche da N-541 ao seu paso por Viascón, un proxecto rexeitado por todo o vecindario e todas as forzas políticas e sociais do concello.

Falamos de dirixirnos á Consellería de Educación para que anule o peche de aulas no CEIP de Tenorio e revirta a eliminación das plazas do persoal docente. Un rural con futuro precisa de servizos de calidade, e non se pode consentir que a Xunta sega a deteriorar a educación pública.

Falamos de mellorar a estrada EP-7102 entre os nucleos de Bugarín e Fondós, o único treito da estrada provincial que queda sen arranxar.

E por último, falamos de declarar a Ricardo Portela, a título póstumo, como Fillo Predilecto de Cerdedo-Cotobade, e adicar o ano 2020, coincidindo co centenario do seu nacemento, a articular actividades que poñan en valor a vida e obra do noso gaiteiro máis ilustre. O 2020 será oficialmente o “Ano Gaiteiro Ricardo Portela”. 

 

Desde o BNG queremos facer fincapé en que todas estas iniciativas xurden das ideas que nacen dos encontros veciñais que vimos celebrando ao longo de todos estes meses polas distintas parroquias, escoitando as necesidades e as propostas que os propios veciños e veciñas nos fan chegar. Unha liña de traballo que nos  comprometemos a seguir para mellorar Cerdedo-Cotobade.

O BNG protagoniza o pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade