O BNG leva ao Parlamento a reforma integral da estrada PO-546 entre Pontevedra e Marín

16-04-29-sin título-10
O deputado Luís Bará pide que a Xunta inclúa a mellora da mobilidade peonil e ciclista, unha senda peonil de entre 1,5 e 2, 5 metros na marxe dereita en dirección Marín, a urbanización da zona urbana de Estribela e a recuperación dos terreos abandonados entre a estrada e a vía do tren para crear un miradoiro sobre a ría entre a gasolineira de Mollavao e Ponte Muiños.
O BNG leva ao Parlamento a reforma integral da estrada PO-546 entre Pontevedra e Marín

Pontevedra, 2 de decembro de 2020. O BNG rexistrou hoxe no parlamento galego unha iniciativa sobre a estrada PO 546, coñecida como “estrada vella de Marín, parte do barrio de Mollavao e discorre ata o núcleo urbano de Marín pasando polos núcleos de Ponte Muiños, A Igrexa, o Roxo, Os Praceres e Estribela, na parroquia de Lourizán.

Segundo Luís Bará “o estado da estrada autonómica PO 546 é moi deficiente ao paso polo concello de Pontevedra: trátase dunha vía con moitas carenciasen materia de seguridade, sobre todo para o tránsito peonil e ciclista; carece de beirarrúas e arcéns transitábeis, presenta graves deficiencias en materia de accesibilidade, ten carencias en materia de sinalización e alumeado, as marxes presentan un estado de absoluto abandono…”.

Bará denuncia que o vial “leva 40 anos sen se lle puxese a man enriba” e propón actuacións diferenciadas para as zonas de Mollavao-Ponte Muíños, A Igrexa, O Rozo, Os Praceres e Estribela.

Para o deputado do BNG, “en tanto que o treito pontevedrés leva practicamente 40 anos sen que se lle puxese a man enriba, mais alá duns metros de beirarrúas que incumpren a normativa de accesibilidade, na zona de Marín realizouse a urbanización do treito da PO546 que corresponde coa Avenida Concepción Arenal mediante un convenio entre a Xunta de Galiza e o concello, con un investimento de 1,6 millóns, dos que a administración autonómica pon o 80%”.

O BNG leva ao Parlamento a reforma integral da estrada PO-546 entre Pontevedra e Marín