Aprobada, coa abstención do PP, a moción do BNG que urxe á reforma integral da estrada de Almofrei

Aprobada, coa abstención do PP, a moción do BNG que urxe á reforma integral da estrada de Almofrei

Cos votos a favor do BNG e do PSOE e a abtención do PP, o pleno do concello de Cerdedo-Cotobade acordou instar á Deputación Pronvincial de Pontevedra, titular do vial EP-0405, a acometer a reforma integral da estrada dende o seu inicio á altura da PO-233 ata o seu final na Igrexa Parroquial segundo os criterios de mobilidade e seguranza viaria recollidos no Plan de Mobilidade Provincial prestando especial atención á redución das curvas, o calmado do tráfico no núcleo e a seguranza viaria peonil e ciclista. 

A reforma desta estrada trátase, en palabras do Portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira “dunha demanda histórica do vecindario, que serviría tanto para mellorar a seguranza viaria, como para a vertebración territorial e a posta en valor das pozas do río Almofrei, un espazo de grande valor histórico e natural.

O BNG lamenta que o PP non se sumase a esta iniciativa que melloraría substancialmente a calidade de vida das veciñas e veciños de Almofrei.

Aprobada, coa abstención do PP, a moción do BNG que urxe á reforma integral da estrada de Almofrei