campana-galegas-2016
NOVAS
Hai que apoiar a innovación

Hai que apoiar a innovación

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou a necesidade de apostar polos proxectos empresariais que trasladen ao mundo a idea dunha Galiza ambiciosa e innovadora, que mira para fóra porque quere chegar lonxe. Así o asegurou durante a visita á empresa Distribucións Arnoia, no polígono de A Reigosa, que  cualificou de “proxecto punteiro”, xa que está a levar libros dende Ponte Caldelas a máis de 40 países de todo o mundo grazas a unha valente visión empresarial e a unha aposta pola modernización e a innovación. 

Ler nova
NOVAS
Pola seguridade nas estradas da Xunta

Pola seguridade nas estradas da Xunta

Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas de titularidade autonómica, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, e desenvolver un novo modelo de mobilidade na rede de estradas, primando a seguranza viaria, a accesibilidade, e as formas amábeis de mobilidade, principalmente a peonil e ciclista.

Ler nova