O PP impídelle ao BNG de Soutomaior o estudo do PXOM

O PP impídelle ao BNG de Soutomaior o estudo do PXOM

Soutomaior, 18 de xaneiro de 2013. O BNG censura a actitude que o PP está a ter na tramitación do PXOM, ao negarlle unha copia deste para o seu estudo. Agustín Reguera quere obrigar aos nacionalistas a examinar o documento no propio concello, dificultando enormemente o traballo do Grupo Muncipal. Compre lembrar que os concelleiros da oposición non teñen dedicación exclusiva, polo que limitar o acceso ao Plan Xeral é un auténtico impedimento para estudar en profundidade o documento que rexerá  o correcto desenvolvemento urbanístico  que Soutomaior merece

Fernando Herrero, portavoz municipal do BNG, reclámalle ao alcalde a transparencia que merece o PXOM e que o alcalde anunciou. “Non entendemos a que lle ten medo Agustín Reguera, trátase dun documento público, que merece o maior consenso posíbel; e negarlle unha copia ao BNG, que conta co respaldo dun importante número de veciños non parece o mellor xeito de buscar ese consenso”.

O BNG, co ánimo de facer achegas a este documento, espera que o PP reconsidere a súa posición, e lles entregue a copia demandada no menor espazo de tempo posíbel.

O PP impídelle ao BNG de Soutomaior o estudo do PXOM