BARÁ APOSTA POR "EXPORTAR" O MODELO PONTEVEDRA A GALIZA

Pola seguridade nas estradas da Xunta

mobilidade-7
mobilidade-7

Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas de titularidade autonómica, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, e desenvolver un novo modelo de mobilidade na rede de estradas, primando a seguranza viaria, a accesibilidade, e as formas amábeis de mobilidade, principalmente a peonil e ciclista.

Pola seguridade nas estradas da Xunta

Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas de titularidade autonómica, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, e desenvolver un novo modelo de mobilidade na rede de estradas, primando a seguranza viaria, a accesibilidade, e as formas amábeis de mobilidade, principalmente a peonil e ciclista.

Con este dobre obxectivo o candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará fixo unha marcha simbólica en bici dende a praza do Concello de Pontevedra até o Casal de Ferreirós, en Poio.

A situación actual é a seguinte:

  • Rede viaria deseñada en función do automóbil, mal conservada, con moi poucos investimentos en seguranza viaria. Un  exemplo a vía pola que descorreu a marcha, a PO-308 Pontevedra-Sanxenxo.
  •  Contornas urbanas e interurbanas hostís, agresivas, perigosas, con absoluta primacía do automóbil: sensación de risco, perigo e accidentes.

“Temos altísimas cotas de siniestralidade nas estradas galegas, ao redor de 100 vítimas mortais anuais e moitas máis que resultan feridas e custos económicos globais de máis de 1.000 millóns por causa da violencia viaria” lembra Luís Bará. “É insostíbel”, subliña.

 

MODELO ALTERNATIVO

Fronte a esta realidade o BNG ten un modelo claro, un modelo alternativo, que pasa por cambiar as prioridades, centrando os esforzos nos seguintes ámbitos:

  • Priorizar os investimentos en conservación da rede viaria actual e na mellora da seguranza viaria, incluíndo medidas de pacificación e calmado de tráfico
  • Mellorar accesibilidade (pensando nas persoas con diferentes discapacidades)
  • Potenciar as formas de mobilidade amábel e sustentábel, principalmente a mobilidade peonil e ciclista, coa creación de itinerarios peonís seguros e accesibeis e de condicións favorábeis para a mobilidade ciclista nas estradas
  • Crear vías ciclabeis alternativas cando sexa posíbel (nas que prime a mobilidade recreativa, deportiva e de lecer)

E. complementariamente, potenciar o transporte por ferrocarril (servizo de cercanías) e autobús.

 

SOMOS QUEN

“Se hai unha formación política que pode presentar un modelo de mobilidade claro e alternativo é o BNG: temos a experiencia, temos a solvencia, temos o coñecemento e temos tamén a práctica de telo feito, por exemplo, no Concello de Pontrevedra onde desenvolvemos un proxecto que está sendo premiado en todo o mundo, estámolo facendo tamén na Deputación e queremos levar este modelo á Xunta de Galiza: un modelo propio, alternativo, exitoso, beneficioso desde o punto de vista humano, social e ambiental e que salva vidas e aforra moitos recursos”, explicou o candidato.

“Temos unha aposta clara por formas de mobilidade amábel, sustentábel, priorizando a mobilidade peonil e ciclista, por unha mobilidade que salva vidas e que aforran custos que poden adicarse a outras cousas”, concluíu Luís Bará.

Pola seguridade nas estradas da Xunta