Imprimir

Galiza ten que deixar de ser sucursal de Madrid

bngpontevedra | 01 de setembro de 2016

Almorzo cos medios para presentar a campaña
Almorzo cos medios para presentar a campaña

“Temos que ter instrumentos e ferramentas para que a Xunta se converta nun verdadeiro goberno galego e non nunha xestoría ou delegación de Madrid”. Así o manifestou o candidato do BNG ao Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen salientou que a formación nacionalista ten un proxecto claro e decidido para cambiar o rumbo de Galiza cunha base de experiencia, garantía de solvencia e seriedade, como xa ten demostrado alí onde goberna: concellos e deputacións. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/galiza-ten-deixar-ser-sucursal-madrid/20160901141353001497.html


© 2019 BNG comarca de Pontevedra