Comezan as obras de mellora da mobilidade e reforma integral do Cabo

lourizán-o cabo1
lourizán-o cabo1
Comezan as obras de mellora da mobilidade e reforma integral do Cabo

Comezaron as obras de mellora da accesibilidade e de rehabilitación do lugar do Cabo, na parroquia de Lourizán, segundo informou o concelleiro coordinador do Rural e delegado da parroquia, Demetrio Gómez. A intervención proxectada suporá a peonalización do barrio, con acceso só para residentes a imaxe do modelo aplicado no centro histórico de Pontevedra.

A peonalización deste espazo singular fai necesario atopar unha solución á entrada dos vehículos a cada vivenda.

O proxecto suporá a peonalización deste barrio de Lourizán a imaxe do centro histórico de Pontevedra

A empresa E.C. Casas acometerá as obras, que teñen un orzamento de 60.000 euros

No lugar do Cabo está previsto a recuperación integral deste barrio mariñeiro, un proxecto que opta a unha subvención do Grupo de Acción Costeira o que permitiá ampliar o proxecto a outras zonas do barrio, mellorar a iluminación ou realizar traballos de recuperación patrimonial tanto no eido da toponimia como de espazos na contorna do Cabo, como o paseo que circunda o colexio.

Este proxecto da resposta a unha vella demanda de veciñanza e foi presentada no Consello parroquial de Lourizán.

Con esta obra remata a actuación prevista na contorna dos Praceres e queda todo listo para garantir a seguranza dos nenos e nenas do centro escolar. 

Comezan as obras de mellora da mobilidade e reforma integral do Cabo