O BNG critica o retraso na apertura da piscina de Moraña

Piscina Moraña 800x450
A piscina de Moraña fica pechada por obras

A falta de planificación do goberno local de Moraña fixo que este ano a piscina municipal non abrise -como é costume- o 15 de xuño, a pesar do calor abafante que padecemos, e moito nos tememos que a apertura terá que esperar até ben entrado o verán dado o estado das obras

O BNG critica o retraso na apertura da piscina de Moraña

As obras que se están a executar na piscina municipal de Moraña provocan o retraso na apertura ao público destas instalacións. Durante os últimos anos, incluído 2016 o período de apertura foi entre o 15 de xuño e 14 de setembro. Desgraciadamente comprobamos que este ano, derivado dunha flagrante falta de planificación do goberno municipal para executar as obras de mellora na piscina, esta apertura vaise retrasar.

Denunciamos publicamente que pasado o 15 de xuño a piscina continúe pechada ao público, e o peor, sen previsión de saber exactamente a súa apertura para a temporada de verán. Tememos no BNG que os veciños e veciñas non poidan facer uso destas instalacións ata ben entrado o verán, dado o estado das obras. Dende o BNG consideramos que esta situación vén provocada pola falta de organización e traballo do grupo de goberno do PP de Moraña. Constatamos unha vez máis que lle está quedando grande a xestión do noso concello.

Por outra banda, dende o BNG de Moraña calificamos de boas as melloras que se fagan nas instalacións da piscina municipal máis cremos que son insuficientes, pois non se vai actuar na zona de vestiarios, zona que precisaba dunha actuación urxente de mellora.

O BNG critica o retraso na apertura da piscina de Moraña