Novas
Adiante Pontevedra! Preparando o grande salto adiante

Adiante Pontevedra! Preparando o grande salto adiante

O vindeiro 4 de maio, o recinto feiral de Pontevedra acollerá unha multitudinaria cea do BNG con todas aquelas persoas que queiran aportar para o grande salto adiante que está en condicións de dar a cidade do Lérez. Unha festa de todos e todas para celebrar este proxecto común e, sobre todo, para dar un significativo salto adiante que aproveite todas as sinerxias do Modelo Pontevedra.

Ler nova
Lores desmonta unha por unha as mentiras do PP coa compostaxe

Lores desmonta unha por unha as mentiras do PP coa compostaxe

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desmontou de forma contundente, unha a unha, as mentiras do PP sobre a compostaxe. Nin ilegalidades por falta de autorización, nin roedores, nin insectos, nin cheiros, nin ubicacións por decisión política, nin falta de información, nin non escoitar aos veciños, nin actuación fóra de lugar da policía.

Ler nova
Manu Fariña colle a Portavocía do BNG en Caldas

Manu Fariña colle a Portavocía do BNG en Caldas

Manu Fariña incorpórase como concelleiro do BNG en Caldas de Reis en substitución de Iñaki Fdez. que, por motivos laborais, ten que deixar o posto. O Obxectivo que se marca para este periodo é devolverle a Caldas ao lugar que se merece

Ler nova
A homenaxe a Lois Obelleiro desborda o Multiusos de Arcade

A homenaxe a Lois Obelleiro desborda o Multiusos de Arcade

A alegría e o optimismo contaxiaron o Multiusos nun acto que foi todo un alegato de vida, compromiso e loita. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que definíu a Obelleiro como un mestre e un exemplo de loita en defensa dunha Galiza Ceibe, afirmou que "estaría pletórico ao ver que o próximo alcalde de Soutomaior será nacionalista, será Manu Lourenzo"

Ler nova