O sistema xera pobreza e sofremento

O sistema xera pobreza e sofremento

Carme-Fouces-e-Carme-AdánO pasado ano, o BNG denunciou no Parlamento galego que as persoas que solicitan o RISGA teñen que esperar máis de oito meses para percibilo.

Se temos en conta que para cumprir as condicións hai que ter unha situación económica tan precaria que nin o máis mínimo luxo, como o wifi, está permitido, podemos imaxinar a pouca resistencia das familias que esperan o “manᔠdos escasos 400 euros para subsistir.

As demoras nas percepcións dos RISGAs producen colapso social

Naquel momento, a conselleira, primeiro negouno e posteriormente recoñeceu que os retrasos eran inasumibeis, xa non só pola situación á que se condenan ás familias, senón porque a Lei de Inclusión Social, promovida polo propio Feijoo &Company, non o consinte.

Pois ben, a día de hoxe seguimos igual. Os Concellos recibimos estritas instrucións para tramitar en tempo record as peticións, e a Xunta comprometíase a dar resposta nos prazos legais. Os Servizos Socias afogan cas esixencias da Consellaría, máis cumpren escrupulosamente xa que lles vai a vida aos usuarios e ás usuarias que están diante, pero a resposta volve a demorarse e aínda non baixamos dos oito meses.

No Concello de Pontevedra temos 134 perceptores de RISGA e 70 máis á espera. En todo o país, segundo datos do Colexio de Traballadoras Sociais, o número de persoas que demandan servizos sociais aumentaron un 70% e a Xunta denega o 40% das peticións de RISGA.

Só a Xunta ten a chave para abrir a porta pola que se escape a miseria, os Concellos só podemos poñerlle tiritas o un cancro. Esiximos un compromiso serio e unha Administración responsable que coloque as persoas no centro das decisións.

O sistema xera pobreza e sofremento