A Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, felicita a Pontevedra polo premio ONU-Habitat

A Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, felicita a Pontevedra polo premio ONU-Habitat

DXT-480x320Pontevedra, 11 de febreiro de 2015. A coincidencia total entre os obxectivos da DGT para reducir a sinistralidade urbana, e o modelo de Pontevedra fóron analisados hoxe na reunión que celebraron o alcalde e o concelleiro de Infraestructuras, César Mosqueira, coa directora xeral, María Seguí. “Estamos na mesma liña de favorecer a mobilidade 30”, dixo Lores ao remate da cita, que tamen serviu para convidar a Seguí aos actos de celebración do Premio ONU Hábitat, que terán lugar próximamente na capital do Lérez.

O Concello manifestou o seu apoio ao regulamento que prepara a DGT sobre a limitación a 30 km de velocidade máxima en medio urbano, para atallar o crecente nivel de sinistralidade que se rexistra nas cidades. Seguí felicitou aos munícipes polo recente Premio Dubai e Lores ofreceu á cidade como sede do IV Encontro de cidades pola seguridade viária, que podería celebrarse aquí, de prosperar esta iniciativa (os anteriores tiveron lugar en Xixón, Córdoba e Torrevieja).

Despois desta reunión, o alcalde participou, como presidente de honra, na sinatura dun protocolo entre a DX de Tráfico e a Rede de Cidades que Camiñan, que tamén asinaron o coordenador técnico desta rede, Pablo Barco, a alcaldesa de Ciudad Real, Rosa Romero, e o vereador de Urbanismo de Torres Vedras (Portugal), Bruno Ferreira.

A Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, felicita a Pontevedra polo premio ONU-Habitat