O BNG procura axilizar a tranferencia da AP9 e abaratar a peaxe

O BNG procura axilizar a tranferencia da AP9 e abaratar a peaxe

ANA-PONTON-RP-300x225O BNG ven de dirixirse a todas as forzas políticas galegas e a todos os deputados e deputadas elixidas por Galiza no Congreso para axilizar a transferencia da AP-9, como ben de reclamar o Parlamento autonómico a través dunha lei aprobada por unanimidade a proposta do Bloque.

Pero ese texto lexislativo pode tardar até catro anos en ser debatido na Cámara baixa polo procedemento ordinario, que pode reducirse a tres meses se un grupo parlamentario asume como propia esa demanda e a presenta para o seu debate e aprobación en forma de proposición de lei.

“Esa transferencia sería o primeiro paso para acabar coas abusivas peaxes que converten a AP-9 nun artigo de luxo para a maioría dos galegos e galegas, que non poden agardar tres o catro anos ao debate e aprobación no Congreso da transferencia que pedimos no Parlamento”, explica a portavoz nacional, Ana Pontón.

Para conseguila o máis pronto posible o BNG remitíu unha carta a todos os responsables das forzas políticas, incluído Feijoo, así como a todos os deputados e as deputadas electas por Galiza, “para que asuman colectivamente a defensa desta transferencia no Congreso e conseguir que se debata neste período de sesións.

Esta proposta permitiría igualmente “certificar” a coherencia co voto xa expresado na Cámara do Hórreo. “Confiamos que non volvamos ver a vergoña de que iniciativas aprobas polo Parlamento galego logo son votadas en contra por forzas estatais”, expresou a dirixente nacionalista.

Como argumentos para esta urxencia, Pontón cita os 300.000 euros diarios que se deixan os usuarios da AP-9, ou os 2.400 millóns de euros que leva ingresados Audasa e que terían permitido, por exemplo, ter unha rede de cercanías en funcionamento.

“Esperamos que todas as forzas políticas estean á altura e que os intereses dos galegos e das galegas pesen sobre calquera estratexia de partido, porque non se entende que paguemos as peaxes máis caras soportando salarios máis baixos. É hora de acabar con esta estafa e non de cruzarnos de brazos a esperar”, argumentou a tamén deputada. O BNG considera ademais que é un momento idóneo para debater esta demanda “porque non hai maiorías absolutas de bloqueo” en Madrid.

O BNG procura axilizar a tranferencia da AP9 e abaratar a peaxe